Title: Add your Plugin
Author: WordPress.org
Published: <strong>10 de Febreiro, 2016</strong>
Last modified: 13 de Xullo, 2025

---

# Engade o teu plugin

 Antes de enviar o teu plugin, pedímoste que revises as nosas [directrices](https://developer.wordpress.org/plugins/wordpress-org/detailed-plugin-guidelines/)
e que leas as [preguntas frecuentes](https://developer.wordpress.org/plugins/wordpress-org/plugin-developer-faq/).
Debaixo do formulario, atoparás unha pequena selección das preguntas máis comúns.

Antes de poder cargar un novo plugin [por favor, accede](https://login.wordpress.org/?redirect_to=https%3A%2F%2Fgl.wordpress.org%2Fplugins%2Fdevelopers%2Fadd%2F%3Foutput_format%3Dmd&locale=gl_ES).

 Unha vez remitido, o seu plugin revisarase manualmente para atopar erros comúns,
así como para garantir que cumpre con [todas as pautas](https://developer.wordpress.org/plugins/wordpress-org/detailed-plugin-guidelines/).

## Preguntas frecuentes

### Canto tempo tomará o proceso de revisión?

 Isto está en [Preguntas frecuentes para desenvolvedores](https://developer.wordpress.org/plugins/wordpress-org/plugin-developer-faq/).
Leva entre 1 e 10 días. Tentamos revisar todos os plugins en 5 días hábiles desde
o envío, pero o proceso durará o tempo que sexa necesario, dependendo da complexidade
do teu plugin.

### Cómo podo acelerar a revisión do meu plugin?

 A revisión do teu plugin non se pode priorizar a outras. Para axudarnos a aprobar
o teu plugin antes, asegúrate de ler o [capítulo de seguridade](https://developer.wordpress.org/apis/security/)
do manual de plugins.

As nosas tres razóns máis habituais para non aprobar un plugin son:

 * O plugin contén saídas sen escapar: [Aprende acerca de escapar datos](https://developer.wordpress.org/apis/security/escaping/)
 * O plugin acepta datos sen sanear: [Aprende acerca do saneado de datos](https://developer.wordpress.org/apis/security/sanitizing/)
 * O plugin procesa datos de formulario sen ningún nonce: [Aprende acerca dos nonces](https://developer.wordpress.org/apis/security/nonces/)

Se o código do teu plugin entra nunha das categorías anteriores, **non será aprobado**.
O equipo de plugins remitirache de novo a estas páxinas do manual, engadindo máis
atraso no proceso de revisión.

### Cal sería a URL do meu plugin?

A URL do teu plugin crearase en función do valor do `nome do plugin` do ficheiro
principal do teu plugin (que son os encabezados do plugin). Se puseches algo como`
Plugin Name: Boaty McBoatface` o seu URL será `https://wordpress.org/plugins/boaty-
mcboatface` e o slug será `boaty-mcboatface` por exemplo. Se xa existe un plugin
co teu nome, será `boaty-mcboatface-2` e así sucesivamente. Funciona igual que os
nomes das entradas de WordPress.

Unha vez que o teu plugin estea aprobado, non se poderá cambiar o nome de _non se
poderá_.

### Tiven un erro no nome do meu plugin. Teño que actualizalo?

Depende do que queiras cambiar. Se queres cambiar o **nome do plugin**, podes actualizalo
actualizando os arquivos do teu plugin nesta páxina. Se o que queres cambiar é a**
ligazón permanente / slug** do teu plugin, podes facelo UNHA VEZ antes de que empecemos
coa revisión (se está dispoñible, verás unha ligazón para cambialo nesta páxina).
Se non é posible, terás que porte en contacto con nós en `plugins@wordpress.org`,
podemos cambialo sempre que o plugin aínda non fora aprobado.

### Por que non podo enviar un plugin que mostra certos nomes?

Certos nomes de plugins están prohibidos debido á violación de marcas rexistradas.
Do mesmo xeito, evitamos completamente o seu uso nos slug dos plugins para a túa
protección.